PermaCultura na Galiza
Nodo noroeste da Rede de PermaCultura Ibérica
No primeiro encontro de PermaCultura celebrado en España en agosto de 2003 en Lakabe - Navarra, xurde a Rede de PermaCultura Ibérica e materialízase logo na web www.permacultura-es.org e a lista de correo de PermaCultura Ibérica.
Dende entón, a Rede ten desenvolto o seu traballo en distintos niveis co obxectivo de potenciar o desenvolvemento de grupos bio-rexionais no ámbito da difusión e a formación en PermaCultura. Nese percorrido ata o de agora, activáronse diferentes niveis decompromiso de grupos e proxectos ao longo de todo o estado español e mesmo Portugal.
No verán do ano 2005 xurde o Grupo de PermaCultura na Galiza, esta iniciativa formúlase como grupo de reflexión e contacto da xente interesada na PermaCultura na Galiza e no Norte de Portugal, nunha estratexia de comunicación en rede e formación, cara á integración biorexional.
Unha bio-rexión constitúese como unha unidade de interpretación en clave de similares condicións bio-climáticas, xeográficas e xeo-físicas. Para o nodo noroeste a similar conformación do territorio leva a incluir as zonas máis semellantes tendo en conta esas condicións, estando a incluir coa Galiza, Asturias, o Norte de Portugal e as comarcas máis próximas da montaña leonesa e zamorana.
En novembro dese ano 2005, comeza a súa andaina a lista de correo PermaCulturaGaliza. Dende entón realizáronse diferentes actividades, participouse en distintos eventos e mesmo suscitouse o interés dos medios de comunicación.

Estas son algunhas das actividades onde ten participado o Grupo de PermaCulturaGaliza:
Curso-Obradoiro de Introduccion á PermaCultura - (2 edicións) Santiago 2005
Charla de Introducción á PermaCultura - Arzúa Feira Terractiva 2005
Charla: "Menos petróleo, máis Permacultura. A rodar con aceite vexetal" - Vigo, Ourense, Santiago e Lugo, ao longo de 2006
Curso de Introducción á Permacultura - Arzúa Feria Terractiva 2006
Presentación Permacultura en Galicia - Madrid Feira Biocultura 2006
Encontro da Rede de PermaCultura Ibérica Nodo Noroeste - Lugar de Xestas, Porto do Son marzo de 2008
Charla: "Ecoaldeas e PermaCultura", II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, Marzo 2008
Curso de bosques comestibles y Sivicultura sostenible, - Cangas del Morrazo abril 2008
Participación como expositor en Alternalia - Mostra de Enerxías Renovable e Ecoloxía - Moaña maio 2008
Participación como expositor na Feira de Soberanía Alimentar - Vigo outubro 2008
O Grupo de PermaCultura en Galicia ten colaborado con distintas entidades:
ONG Amarante
A Cova da Terra
Cooperativa de Consumo consciente Arbore
Asociación Kaleidoscopio (A Cova dos Ratos)
CulturaActiva Sociedade Cooperativa
Amigos da Terra
Verdegaia
Asociación "O Bosque é Vida"
Concello de Porto do Son
Concello de Cangas do Morrazo
Concello de Moaña
Asociación Turmalina
Marcha Mundial das Mulleres
O Grupo de PermaCulturaGaliza, situase neste momento no primeiro plano do compromiso por o desenvolvemento da
PERMACULTURA COMO PROPOSTA CARA UNHA VERDADEIRA SOCIEDADE SUSTENTÁBEL
co compromiso de difundir e propor o
como solución aos retos para a supervivencia do planeta.
Xa hai máis de 30 anos que Bill Mollison e David Holmgren acuñaron o concepto de PermaCultura como unha ciencia de deseño ecolóxico para crear sistemas eficientes, produtivos e auto-sostíbeis, que sirvan a comunidades humanas e evolucionen cara unha relación dinámica e rexenerativa co entorno. Foi unha proposta concreta de traballo cara a unha Cultura Permanente. A PermaCultura trata logo de valores éticos e visións, deseños e sistemas de manexo baseados nun entendemento holístico, especialmente no noso coñecemento e sabedoría bio-rexional e psicolóxico-social.
Particularmente trata das nosas relacións cos sistemas de manexo de recursos naturais e o seu deseño e re-deseño para que podan soster a saúde e o benestar de todas as xeracións presentes e futuras, incluíndo a todos os seres vivos.
A PermaCultura tamén reflicte a evolución continua dos nosos sistemas de pensamento que están actualmente influenciados por os retos de todas aquelas persoas e grupos interesados na ética científica, no pensamento holístico, no sentido de lugar, tradición e cultura, na responsabilidade histórica, na sostibilidade, no comunalismo, na espiritualidade e nos sistemas de coñecemento e cosmoloxía dos pobos orixinarios.
A proposta da PermaCultura espállase logo moito máis lonxe de só sistemas de produción de alimentos e de restauración da natureza. Formúlase como unha alternativa real e posíbel fronte aos retos medioambientais dos vindeiros anos e as esixencias da globalización económica.
Galiza amósase como un territorio privilexiado para o desenvolvemento de proxectos de PermaCultura e todas as iniciativas de recuperación do territorio e de establecemento de proxectos sostíbeis, conflúen nestes momentos coa proposta sólida da PermaCultura.
As sementes xa están na leira, necesitamos máis, necesitamos que medren e ofrezan froitos de esperanza e sostibilidade. Galiza merece unha oportunidade que lle devolva a identidade natural e que reflicta axeitadamente o seu enorme valor histórico, cultural e ecolóxico.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.