Capitalización de Proxectos


CAPITALIZACIÓN DE PROXECTOS

 

Algo que nos une nunha visión común e que compre explicar.

Un concepto novo ou máis ben recuperado do pasado, que amosa cambio.

Unha forma de activar o potencial de persoas e grupos.

Un xeito de compartir e medrar en responsabilidade e compromiso.

Sementes de cambio, nun solo fertil pero á vez esgotado.

 

O MEU PROXECTO >< O PROXECTO DE TOD@S

A MIÑA HORTA >< A HORTA COMUNITARIA

O MEU SABER >< A APRENDIZAXE D@S OUTR@S

AS MIÑAS HABELENCIAS >< OS RECURSOS DO GRUPO

A MIÑA VISIÓN >< A VISIÓN COMPARTIDA

O LOBO SOLITARIO >< A MANADA COHESIONADA

 

A VIAXE EN SOLITARIO >< O CAMIÑO EN COMPAÑIA

 

 

            

 

Unha reflexión pro-activa nun momento difícil.

Por Antonio Palma

Xullo 2008

 

------------------------------------------------------------------------------

 

A xustificación, a orixe (GNENGO-DANGO)

 

Foi a finais do ano 2007, cando entre algunhas persoas do grupo de PermaCultura na Galiza, chegamos á conclusión de que practicamente ningún proxecto podería ser viábel se non se desenvolvían o resto dos proxectos.

Na medida na que as outras iniciativas de fora de Galiza se conectarán entre si e á súa vez tamén cos proxectos que están en marcha na Galiza, podería sair adiante un movemento común de progreso e cambio.

Foi a sensibilidade do noso amigo Luciano Furcas, a que nos fixo ver ese camiño estratéxico de cambio e traballo compartido. Foi no ámbito da Rede de PermaCultura Ibérica na que xurdiu esta reflexión, que foi asumida como filosofía para o noso grupo.

Xa hai tempo que algunhas persoas do grupo de PermaCultura na Galiza, levamos compartindo as nosas capacidades e recursos, na busca dunha identidade común. É este un traballo que non ten recompensa e cheo de esforzo e ilusión, é tamén a propia xustificación da identidade do grupo e compre salientar todo o realizado para formular estratexias e obxectivos para o futuro.

Dende setembro do ano 2005 están activas moitas enerxías, que se manifestaron en multitude de actividades, charlas, cursos e outras accións ofrecidas ao longo da Galiza. Moitas persoas achegaronse ás nosas propostas, algunhas se comprometeron a participar e outras simplemente aprenderon e abriron á súa mente.

A realización do primeiro Curso de Certificado de Deseño de PermaCultura na Galiza o ano 2007, permitiu aportar ás persoas que participaron a formación básica para o desenvolvemento da PC nas súas vidas e proxectos. Foi a organización e a realización do curso, unha tarefa difícil aínda que moi ilusionante na procura de nov@s axentes de cambio.

A celebración do Encontro da Rede de PermaCultura Ibérica nodo noroeste en marzo 2008, foi o punto culminante do traballo previo realizado e a porta aberta á conformación real do grupo e á súa viabilidade como proposta organizativa.

BOLIÑAS DE ARXILA FORON FEITAS CON AMOR E COMPROMISO, SEMENTES DE CAMBIO AGARDAN O MOMENTO DE MEDRAR.

 

Os encontros, o traballo cotiá, a responsabilidade compartida.

 

A partires da celebración do encontro do mes de marzo de 2008, se activaron diferentes liñas de reflexión que necesitarán tempo para se consolidar e amosar viabilidade real. Algúns proxectos se apresentaron xa en fase de acción e outros se albiscan como activos nun tempo razoablemente próximo.

Integrar todas as iniciativas non é fácil e depende do compromiso de persoas e grupos por participar de forma efectiva no traballo cotiá que compre realizar. Segundo ese compromiso foron formuladas liñas de traballo que xa estan formuladas nas conclusións do encontro de Xestas, nas do encontro posterior en ANDREA e no grupo de traballo de visións realizado en Forcarei.

Diferentes propostas formativas se apresentaron e necesitarán de se debullar para organizar máis adiante a nosa capacidade de organización de actividades formativas. Un curso flexíbel de PermaCultura e una proposta de curso para o Fondo Social Europeo xa están enriba da mesa para comezar a debater.

Se miramos atrás e afirmamos os nosos pés no presente, podemos albiscar que é posíbel avanzar cara esa pretendida capitalización de proxectos. Pagou a pena o traballo desenvolto e xa podemos decir que somos quen de continuar de xeito comunitario.

HUMIDADE E CALOR DE PERSOAS E GRUPOS ROMPERON A CORAZA DE ARXILA, XA TEMOS UN PLANTÓN QUE REGAR E COIDAR.

 

A Feira de Moaña, unha realidade de auto-organización, compromiso e participación.

 

Foi precisamente na Feira ALTERNALIA 2008 celebrada en Moaña en mayo, onde dun xeito compartido chegouse a materializar a capacidade organizativa do grupo, a súa pegada na sociedade e as súas posibilidades como proposta formativa e de difusión.

É unha realidade que, aínda que non exista unha organización efectiva, a feira foi un referenta para a nosa viabilidade. Compre ter en conta as nosas posibilidades e apostar por dar pasos firmes cara adiante sen dubidar das nosas habelencias.

Dese entorno da feira, xurdiron propostas de asesoria e colaboración que materializáronse en visitas de identificación ao proxecto de Escola Livre en Valença do Minho e ao Fogar de Santiso en Luou- Teo.

PLANTÓNS DE TAXETES FORON REGALADOS, AGORA TOCA A OUTR@S TAMÉN COIDAR E REGAR.

 

Continuamos a traballar, novas achegas, miramos cara adiante.

 

En xullo de 2008 nos atopamos nun momento difícil aínda que se cadra máis ilusionante, por as dificultades que nos rodean e por as dubidas que están a se expresar segundo estamos a camiñar.

Temos un feixe de temas que debater, moitas propostas que conformar e aínda máis soños para nos ilusionar.

O traballo do grupo de PermaCultura na Galiza vai continuar, seguirá a dar os seus pasos lentamente, cara un obxectivo claro de apostar por as iniciativas e proxectos que o necesiten, estando a priorizar aqueles que manifesten unha máis clara viabilidade, tamén por outros nos que sexa necesario realmente unha axuda de emerxencia.

Pero o fará lentamente, como foi ata o de agora, condicionado por a nosa escala humana e fráxil, seguramente con dificultades por ser pouc@s e a veces non moi organizad@s. Seguirá a fluir a enerxía no grupo de xeito desordenado, seguramente con algunha persoa ou grupo que vai e ven, con algunha participación e tamén con abandonos.

Pero seguirá con paso firme no camiño trazado, con actitude estratéxica perante as dificultades, aínda que non academos resultados cuantificables.

Sera algo natural, coma un proceso de xestación. A semente xa abrochou e medrará despacio pero segura, quen sabe se algún día chegaremos a ver un bosque climax. Traballaremos para conseguilo.

SUCESIÓN NATURAL, SOLUCIÓNS NO CANTO DE PROBLEMAS, TRABALLAR COS MÁRXENES, BIO-DIVERSIDADE, ESCALA HUMANA...

>>>>>>>>>>>>>>>>>>>PermaCultura

 

----------------------------------------------------------------------------------- 

 

CAPITALIZACIÓN DE PROXECTOS

 

A formulación da filosofía de capitalización de proxectos aparece na convicción de que: