Visita identificación e deseño proxecto Escola Livre
Valença do Minho, 22 de maio 2008
O pasado 22 de maio, realizouse unha visita de identificación ao proxecto Escola Livre,
en Valença do Minho - Portugal.
Esta visita xurdiu do contacto realizado a traves de Juan Abia con José Morais,
responsable do proxecto, e Antonio Palma no ámbito da Feira Alternalia 2008 en Moaña.
A visita realizarona Vivianne Covelo, Cesar Lema, Carlos Camino, Ivan Novoa e Antonio Palma.
Album de fotos da visita
Localización da parcela do proxecto
Plano da parcela do proxecto
A visita consistiu nunha aproximación ao terreo e ao territorio, así coma unha prospección do estado do proxecto no canto dos recursos humanos, capacidade e estrutura organizativa, necesidades de deseño e outras consideracións.
Propuxose a José Morais a investigación para a conformación da realidade asociativa, así coma a busca de apoios e contactos locais con entidades privadas e co concello de Valença do Minho.
A visión do proxecto e os seus obxectivos están apresentados no blog do proxecto.
Realizouse unha choiva de ideas e outras reflexións que conformaron un mapa mental cunha posíbel estrutura de traballo e organización.
-
Este proxecto apreséntase como estratéxico no desenrolo da conformación do grupo de PermaCultura na Galiza, tendo en conta a situación do proxecto e a perspectiva de establecer sinerxias e contactos na nosa bio-rexión entre Galiza e o Norte de Portugal.
-
Deséxase a conformación do proxecto como un Ecocentro, encargado de realizar cursillos, actividades formativas etc. que lle otorgue a posibilidade de ser un Centro Aberto para a bio-rexión, con capacidade de aloxamento para esas actividades (Albergo).
-
Preténdese crear una Asociación e para iso compre establecer as Bases de Entendemento entre os futuros membros.
-
Existe a posibilidade de relacionar a creación do proxecto coa implementación da Axenda 21 local, tendo en conta o coñecemento por parte da Municipalidade de Valença do Minho.
-
Hai unha voluntade de formar parte da Rede de proxectos de PermaCultura Galiza, incidindo na capitalización dos proxectos formulada na rede.
VISÃO E OBJECTO DO PROJECTO:
DESENVOLVER UM PROJECTO DE SUSTENTABILIDADE NA QUAL SE FARÁ PARTICIPAR DE UMA MANEIRA ACTIVA AS PESSOAS DA REGIÃO.
CRIAR UM LUGAR DE EXPERIÊNCIA, EDUCAÇÃO E REALIZAÇÃO DE INICIATIVAS ENCAMINHAS AO DESENVOLVIMENTO SUSTENTÁVEL TOMANDO COMO BASE A PERMACULTURA.
RECUPERAR A SABEDORIA AGRÍCOLA POPULAR, PERDIDA PELA MECANIZAÇÃO E INDUSTRIA INDUSTRIALIZAÇÃO DO CAMPO E RETOMÁ-LA JUNTO COM AS NOVAS E DIFERENTES TÉCNICAS DE OUTROS LUGARES PARA O SEU USO E BEM COMUM.
PROMOVER O USO DA AUTOCONSTRUÇÃO E DAS ENERGIAS RENOVÁVEIS QUE SE POSSAM DESENVOLVER NA REGIÃO.
ESTABELECER SINERGIAS EM TORNO AOS TEMAS DE SUSTENTABILIDADE.
REALIZAR CURSOS E ENCONTROS SOBRE TEMAS RELACIONADOS: BIO-CONSTRUÇÃO, APICULTURA, ARTESANATO, CERÂMICA, SILVICULTURA, AVICULTURA, AGRICULTURA BIOLÓGICA, ETC. GOZAR DA VIDA E DA NATUREZA, SENDO COERENTES NOS NOSSOS PLANEAMENTOS. PARTICIPAÇÃO ACTIVA DE ENCONTROS, EXPOSIÇÕES, COM A COOPERAÇÃO DA GALIZA-ESPANHA.
SERVIR DE BASE PARA NOVOS PROJECTOS E DE PLATAFORMA DE DIFUSÃO DE FORMAS DE VIDA SUSTENTÁVEIS NA ZONA RURAL.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.