| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Visita identificación e deseño proxecto - O Fogar de Santiso-, Luou-Teo, 17 maio 2008

Page history last edited by antoniogaliza 15 years, 1 month ago

Visitas identificación e deseño proxecto:

O Fogar de Santiso, Luou-Teo, 17 maio & 5 xuño 2008

 

O sábado 17 de maio, Antonio Palma e Carlos Pujol realizaron unha visita de

identificación á finca "Entrepedras", situada en el nucleo de Bascuas -

(Concello de Padrón), a 8 kms aproximadamente de Santiago de Compostela.

É ista unha finca privada que forma parte do patrimonio da familia propietaria

do mesón "O Fogar de Santiso".

 

El 5 de xuño, realizouse outra visita por parte de Cesar Lema; Carlos Camino,

Ivan Novoa, Pablo Palomo, Antonio Palma e Soraya Araya, para aprender das

necesidades e dimensións do proxecto.

O noso anfritrión, José Santiso; contounos a historia que xustifica a orixe do

proxecto familiar, que se formula ao redor do restaurant "O Fogar de Santiso" ,

situado en Trasellas, Luou (Concello de Teo).

Realizouse unha aproximación a unha finca de labradío situada perto do restaurant.

A intención é a de poder estudar o seu deseño para a posta en cultivo e a construcción

dunha infraestrutura de almacen para material agrícola e transformación de produtos.

 

 

Asemade, realizouse outra visita de identificación á finca Entrepedras, onde se situa a vivenda familiar e o lugar

de traballo da empresa de bio-construcción que leva o mesmo nome.

 

ALBUM DE FOTOS DAS VISITAS 

 

Nunha primeira aproximación e valoración á realidade do proxecto, obsérvase unha gran potencialidade de axudar na conformación dunha estrutura empresarial, que poda acadar a sustentabilidade na proxección de: unha actividade cultural e social baseada na promoción de actividades formativas, a producción e transformación de produtos ecolóxicos e a creación de ciclos de transferencia de recursos que permitan un aforro enerxético e por tanto económico.

Toda a estrutura actual da empresa familiar, conta con diferentes espazos e dimensións que compre valorar, estruturar e re-orientar, para valorar a súa dimensión e acadar a dita sustentabilidade.

Plantéase unha intervención de caracter estratéxico, que poda alumear os posíbeis deseños naqueles espazos que o necesiten. É por tanto unha intervención que vai máis aló do deseño de PermaCultura, xa que existe unha opción real de establecer conexións fertiles entre pequenos proxectos de índole ecolóxica e social, coa actividade económica do conxunto da realidade empresarial. Na potenciación e equilibrio de todas as dimensións e interaccións, estará a posíbel viabilidade do proxecto conxunto

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.