- Loading...
- No images or files uploaded yet.
|
|
Visita identificación e deseño proxecto - O Fogar de Santiso-, Luou-Teo, 17 maio 2008Visitas identificación e deseño proxecto: O Fogar de Santiso, Luou-Teo, 17 maio & 5 xuño 2008
O sábado 17 de maio, Antonio Palma e Carlos Pujol realizaron unha visita de identificación á finca "Entrepedras", situada en el nucleo de Bascuas - (Concello de Padrón), a 8 kms aproximadamente de Santiago de Compostela. É ista unha finca privada que forma parte do patrimonio da familia propietaria do mesón "O Fogar de Santiso".
El 5 de xuño, realizouse outra visita por parte de Cesar Lema; Carlos Camino, Ivan Novoa, Pablo Palomo, Antonio Palma e Soraya Araya, para aprender das necesidades e dimensións do proxecto. O noso anfritrión, José Santiso; contounos a historia que xustifica a orixe do proxecto familiar, que se formula ao redor do restaurant "O Fogar de Santiso" , situado en Trasellas, Luou (Concello de Teo). Realizouse unha aproximación a unha finca de labradÃo situada perto do restaurant. A intención é a de poder estudar o seu deseño para a posta en cultivo e a construcción dunha infraestrutura de almacen para material agrÃcola e transformación de produtos.
Asemade, realizouse outra visita de identificación á finca Entrepedras, onde se situa a vivenda familiar e o lugar de traballo da empresa de bio-construcción que leva o mesmo nome.
Nunha primeira aproximación e valoración á realidade do proxecto, obsérvase unha gran potencialidade de axudar na conformación dunha estrutura empresarial, que poda acadar a sustentabilidade na proxección de: unha actividade cultural e social baseada na promoción de actividades formativas, a producción e transformación de produtos ecolóxicos e a creación de ciclos de transferencia de recursos que permitan un aforro enerxético e por tanto económico. Toda a estrutura actual da empresa familiar, conta con diferentes espazos e dimensións que compre valorar, estruturar e re-orientar, para valorar a súa dimensión e acadar a dita sustentabilidade. Plantéase unha intervención de caracter estratéxico, que poda alumear os posÃbeis deseños naqueles espazos que o necesiten. É por tanto unha intervención que vai máis aló do deseño de PermaCultura, xa que existe unha opción real de establecer conexións fertiles entre pequenos proxectos de Ãndole ecolóxica e social, coa actividade económica do conxunto da realidade empresarial. Na potenciación e equilibrio de todas as dimensións e interaccións, estará a posÃbel viabilidade do proxecto conxunto
|
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.