- Loading...
- No images or files uploaded yet.
|
|
Proximo encontro en Lugar de Xestas, 16 e 17 de agostoProximo encontro: 16 e 17 de agosto en Xestas
Respecto do vindeiro encontro de Xestas, non dimos preparado ningunha axenda nin plan de traballo. Será logo ali cando nos acheguemos o momento de pensar de que queremos falar. Asà verase que capacidade de nos auto organizar temos e que é o prioritario para que esteamos a participar. Se vos lembrades, falamos de estar o sabado a continuar co traballo previo dos encontros, e deixar o domingo para traballo comunitario en clave MINGA DOMINGUEIRA.
A idea é a de asistir o sabado e quedar o domingo (Quén poda ou quera) para continuar con chollo grupal que sexa aproveitado en clave de aporta algo ao lugar ou ao grupo. En Xestas hai algunha necesidade que poderia cubrir as actividades do domingo a mañá, trátase precisamente de cortar e utilizar Xestas. Hai unha grande cantidade de matos de xestas e tamen necesidade de preparar algun composteiro coas mesmas. Hai ferramentas, ainda que non tantas, por se podedes levar tixeiras e serras de corte e poda. Tamen estaba proposto realizar cociñas solares para despois vender ou trocar nas feiras de outono. Cesar plantexou de levar cada quen un rulo solar e poder facer ali varias cociñas.
Velaà deixovos esta proposta aberta para organizar o encontro, ainda que mellor poda ser auto-organizado no momento. Para a tarde/noite do sabado pódese preparar algunha sesión de video con temas quentes. Tentarei de levar material para visionar e debater. Coma sempre, solicÃtase colaboración e axuda para a organización e o desenrolo do encontro, propostas de axenda, actividades e o que queirades plantexar.
|
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.