| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Presentación

Page history last edited by antoniogaliza 15 years ago
PermaCultura na Galiza
Nodo noroeste da Rede de PermaCultura Ibérica

 

 

No primeiro encontro de PermaCultura celebrado en España en agosto de 2003 en Lakabe - Navarra, xurde a Rede de PermaCultura Ibérica e materialízase logo na web www.permacultura-es.org e a lista de correo de PermaCultura Ibérica.
Dende entón, a Rede ten desenvolto o seu traballo en distintos niveis co obxectivo de potenciar o desenvolvemento de grupos bio-rexionais no ámbito da difusión e a formación en PermaCultura. Nese percorrido ata o de agora, activáronse diferentes niveis decompromiso de grupos e proxectos ao longo de todo o estado español e mesmo Portugal.
 
No verán do ano 2005 xurde o Grupo de PermaCultura na Galiza, esta iniciativa formúlase como grupo de reflexión e contacto da xente interesada na PermaCultura na Galiza e no Norte de Portugal, nunha estratexia de comunicación en rede e formación, cara á integración biorexional.
Unha bio-rexión constitúese como unha unidade de interpretación en clave de similares condicións bio-climáticas, xeográficas e xeo-físicas. Para o nodo noroeste a similar conformación do territorio leva a incluir as zonas máis semellantes tendo en conta esas condicións, estando a incluir coa Galiza, Asturias, o Norte de Portugal e as comarcas máis próximas da montaña leonesa e zamorana.
En novembro dese ano 2005, comeza a súa andaina a lista de correo PermaCulturaGaliza. Dende entón realizáronse diferentes actividades, participouse en distintos eventos e mesmo suscitouse o interés dos medios de comunicación.
 
 
 
Estas son algunhas das actividades onde ten participado o Grupo de PermaCulturaGaliza:
Curso-Obradoiro de Introduccion á PermaCultura - (2 edicións) Santiago 2005
Charla de Introducción á PermaCultura - Arzúa Feira Terractiva 2005
Charla: "Menos petróleo, máis Permacultura. A rodar con aceite vexetal"Vigo, Ourense, Santiago e Lugo, ao longo de 2006
Curso de Introducción á Permacultura - Arzúa Feria Terractiva 2006
Presentación Permacultura en Galicia - Madrid Feira Biocultura 2006
Realización de traballo de identificación e deseño (PermaCultura en O Salgueirón - Massó), decembro 2007
Encontro da Rede de PermaCultura Ibérica Nodo Noroeste - Lugar de Xestas, Porto do Son marzo de 2008
Charla: "Ecoaldeas e PermaCultura", II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, Marzo 2008
Curso de bosques comestibles y Sivicultura sostenible, - Cangas del Morrazo abril 2008

Participación como expositor en Alternalia - Mostra de Enerxías Renovable e Ecoloxía - Moaña maio 2008

Participación como expositor na Feira de Soberanía Alimentar - Vigo outubro 2008

 

O Grupo de PermaCultura en Galicia ten colaborado con distintas entidades:

ONG Amarante

A Cova da Terra

Cooperativa de Consumo consciente Arbore

Asociación Kaleidoscopio (A Cova dos Ratos)

CulturaActiva Sociedade Cooperativa

Amigos da Terra

Verdegaia

Asociación "O Bosque é Vida"

Concello de Porto do Son

Concello de Cangas do Morrazo

Concello de Moaña

Asociación Turmalina

Marcha Mundial das Mulleres

 

 
O Grupo de PermaCulturaGaliza, situase neste momento no primeiro plano do compromiso por o desenvolvemento da 
PERMACULTURA COMO PROPOSTA CARA UNHA VERDADEIRA SOCIEDADE SUSTENTÁBEL
co compromiso de difundir e propor o
como solución aos retos para a supervivencia do planeta.
 
 
 
 
 
Xa hai máis de 30 anos que Bill Mollison e David Holmgren acuñaron o concepto de PermaCultura como unha ciencia de deseño ecolóxico para crear sistemas eficientes, produtivos e auto-sostíbeis, que sirvan a comunidades humanas e evolucionen cara unha relación dinámica e rexenerativa co entorno. Foi unha proposta concreta de traballo cara a unha Cultura Permanente. A PermaCultura trata logo de valores éticos e visións, deseños e sistemas de manexo baseados nun entendemento holístico, especialmente no noso coñecemento e sabedoría bio-rexional e psicolóxico-social.
Particularmente trata das nosas relacións cos sistemas de manexo de recursos naturais e o seu deseño e re-deseño para que podan soster a saúde e o benestar de todas as xeracións presentes e futuras, incluíndo a todos os seres vivos.
A PermaCultura tamén reflicte a evolución continua dos nosos sistemas de pensamento que están actualmente influenciados por os retos de todas aquelas persoas e grupos interesados na ética científica, no pensamento holístico, no sentido de lugar, tradición e cultura, na responsabilidade histórica, na sostibilidade, no comunalismo, na espiritualidade e nos sistemas de coñecemento e cosmoloxía dos pobos orixinarios.
A proposta da PermaCultura espállase logo moito máis lonxe de só sistemas de produción de alimentos e de restauración da natureza. Formúlase como unha alternativa real e posíbel fronte aos retos medioambientais dos vindeiros anos e as esixencias da globalización económica.
 
Galiza amósase como un territorio privilexiado para o desenvolvemento de proxectos de PermaCultura e todas as iniciativas de recuperación do territorio e de establecemento de proxectos sostíbeis, conflúen nestes momentos coa proposta sólida da PermaCultura.
As sementes xa están na leira, necesitamos máis, necesitamos que medren e ofrezan froitos de esperanza e sostibilidade. Galiza merece unha oportunidade que lle devolva a identidade natural e que reflicta axeitadamente o seu enorme valor histórico, cultural e ecolóxico.
 
 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.