| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

PermaCultura na Galiza na Feira de Soberanía Alimentar, VIGO 18 e 19 de outubro

Page history last edited by PBworks 15 years, 5 months ago

 

Permacultura Na Galiza

na Feira de Soberanía Alimentaria.

 

  

 

Os días 18 e 19 de outubro, PermaCultura na Galiza participou na Feira de Soberania Alimentar que se celebrou en Vigo, como complemento ás actividades do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. Ver enlace en:http://www.feminismo.info/webgalego/feira-soberania-alimentaria.html

 

PermaCultura na Galiza estivo presente cun stand na carpa decolectivos, alí multitude de persoas achegáronse para obter información dos temas vencellados coa PermaCultura. O lema elixido para apoiar á temática da feira de Soberanía Alimentar foi "Encarando o Cenit do Petróleo", nese eido ofreceuse materiais e información para a sensibilización e a reflexión.

 

 

O "Manual para Rodar con Aceite Vexetal", realizado por César Lema Costas; así­ como un vídeo producido por PachacutiMedia, DVD "Reciclaxe de aceite vexetal para uso como combustible en vehículos diesel", que amosa dúas experiencias prácticas levadas a cabo por César Lema e Antonio Palma. Estiveron tamén á venda os libros "PermaCultura para principiantes" e "El crepúsculo de la era trágica del petróleo: Pico del oro negro y colapso financiero (y ecológico) mundial". Houberon asemade outros materiais e información sobre cociñas solares, viveiros, transxénicos, tracción animal, decrecemento, etc. Os cartos recadados na venda destináronse á caixa común para a Capitalización dos Proxectos do grupo. Podes consultar a nosa caixa no apartado contabilidade.

 

 

 

Na carpa de colectivos, participamos no "Espazo de Crianzas" e mesmo ofrecemos nel un "Obradoiro de Pan Biolóxico" o sábado as 17 horas.

O domingo estivemos as 19 horas Antonio Palma ofreceu unha charla presentación "Encarando o Cénit do Petróleo, decrecemento: vivir mellor con menos".

Na carpa de debates César Lema participou o domingo as 17 horas no debate de"Soberanía e Seguridade Alimentaria, a produción ecolóxica".

 

 

 

 

 

 

Moitas grazas á tod@s @s que partipastedes:

Daria, Raquel, Elsa, Soraya, Chelo, Ivan, David, César, Carlos, José, Antonio... e a tod@s as que vos achegástedes ao stand.

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.