| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Mostra de Bioconstrucción, Enerxías Renovables e Ecoloxía ALTERNALIA 2008  Moaña

Page history last edited by antoniogaliza 15 years, 9 months ago

 

Mostra de Bioconstrucción, Enerxías Renovables e Ecoloxía

ALTERNALIA 2008 - Moaña 9, 10 e 11 de maio 2008

 

 

ALBUM DE FOTOS DE PERMACULTURAGALIZA EN ALTERNALIA 2008

 

Ao longo da fin de semana, o stand de PermaCultura na Galiza converteuse nun referente

no canto da promoción da sustentabilidade na bio-construcción e na promoción das boas

prácticas na nosa vida cotiá, a promoción da PermaCultura como filosofía de vida.

 

Obradoiros de aproveitamento do aceite vexetal reciclado como combustible e para facer

xabrón, auto-construcción con balas de palla revocadas con adobe, actividades de

sensibilización respecto da implantación de cultivos transxénicos na Galiza, difusión de

materiais bibliográficos, vídeos, mesmo regalo de plantas e sementes para continuar plantando 

soños; foron todas elas accións decididas para a aposta firme da PermaCultura como

alternativa para acadar unha Galiza máis sustentábel.

 

O Decrecemento Sustentábel e a recuperación da sabedoría dos pobos orixinarios, foron

al alternativas que se apresentaron na charla que ofreceu Antonio Palma, onde se invitou

ás persoas participantes a que se convertan en "Guerreros del Arco Iris" para loitar por

un futuro sutentábel para as vindeiras xeracións.

 

Centos de persoas achegáronse ao stand ao longo da fin de semana, para aprender das

alternativas amosadas e disfrutar coas actividades e materais expostos.

Un bo escenario que se conforma como consolidado para as próximas edicións da feira

Alternalia. Compre felicitar aos organizadores por a celebración deste evento.

 

Mesmo persoeiros da realidade política de Galiza, tomaron interés por a PermaCultura.

 

Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego), Manuel Tomé (alcade de Porto do Son) e Daniel Rodas

(Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Moaña), falan animadamente no stand de PermaCultura na Galiza.

 

 

 

NOTA DE PRENSA ALTERNALIA 2008 >>> nota de prensa moaña.pdf

 

CARTEL PERMACULTURA NA GALIZA, ALTERNALIA 2008 >>> RPI 2008 alternalia.pdf 

 

Documento lido na conferencia de Antonio Palma:

"LOS GUERREROS DEL ARCO IRIS" >>> los guerreros del arco iris.doc

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.