- Loading...
- No images or files uploaded yet.
|
|
Mostra de Bioconstrucción, Enerxías Renovables e Ecoloxía ALTERNALIA 2008 Moaña
Mostra de Bioconstrucción, EnerxÃas Renovables e EcoloxÃa ALTERNALIA 2008 - Moaña 9, 10 e 11 de maio 2008
ALBUM DE FOTOS DE PERMACULTURAGALIZA EN ALTERNALIA 2008
Ao longo da fin de semana, o stand de PermaCultura na Galiza converteuse nun referente no canto da promoción da sustentabilidade na bio-construcción e na promoción das boas prácticas na nosa vida cotiá, a promoción da PermaCultura como filosofÃa de vida.
Obradoiros de aproveitamento do aceite vexetal reciclado como combustible e para facer xabrón, auto-construcción con balas de palla revocadas con adobe, actividades de sensibilización respecto da implantación de cultivos transxénicos na Galiza, difusión de materiais bibliográficos, vÃdeos, mesmo regalo de plantas e sementes para continuar plantando soños; foron todas elas accións decididas para a aposta firme da PermaCultura como alternativa para acadar unha Galiza máis sustentábel.
O Decrecemento Sustentábel e a recuperación da sabedorÃa dos pobos orixinarios, foron al alternativas que se apresentaron na charla que ofreceu Antonio Palma, onde se invitou ás persoas participantes a que se convertan en "Guerreros del Arco Iris" para loitar por un futuro sutentábel para as vindeiras xeracións.
Centos de persoas achegáronse ao stand ao longo da fin de semana, para aprender das alternativas amosadas e disfrutar coas actividades e materais expostos. Un bo escenario que se conforma como consolidado para as próximas edicións da feira Alternalia. Compre felicitar aos organizadores por a celebración deste evento.
Mesmo persoeiros da realidade polÃtica de Galiza, tomaron interés por a PermaCultura.
Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego), Manuel Tomé (alcade de Porto do Son) e Daniel Rodas (Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Moaña), falan animadamente no stand de PermaCultura na Galiza.
NOTA DE PRENSA ALTERNALIA 2008 >>>
CARTEL PERMACULTURA NA GALIZA, ALTERNALIA 2008 >>>
Documento lido na conferencia de Antonio Palma: "LOS GUERREROS DEL ARCO IRIS" >>>
|
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.