| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Mercadiño de Troco en Allariz

Page history last edited by PBworks 15 years, 3 months ago

 

 

O Troco:

O troco é un sistema de mercado no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda e que diminúe as diferenzas sociais á hora de consumir. Conleva unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non valoramos do que xa posuímos, diminúe a produción de residuos posto que aquilo que xa non é útil para unha persoa, si pode selo para outra. Diminúe o impacto do transporte posto que pode pasar dunhas mans a outras dentro da mesma cidade, neste senso tamén é un xeito de achegar ás persoas, creando sinerxias. Pon en cuestión o valor actual dos cartos e amosa un xeito á marxe do capitalismo para consumir.

 

Posta en marcha:

Promovido polas asociacións A.N.D.R.E.A. e Encomún - Banco de Tempo de Allariz, mailo Concello de Allariz, no mes de Xaneiro de 2009 iniciase o Mercadiño de Troco para nenos e nenas que con caracter mensal terá lugar os últimos domingos de cada mes na praza de abastos de Allariz en horario de 12.00 a 14.00 horas.


Funcionamento:

O Mercadiño de Troco de Allariz funciona do seguinte xeito, establecense dous tempos dentro da realización do troco, un primeiro momento no que se realizan os depósitos do que se desexa intercambiar (de 12 a 13 horas) e un segundo intre no que se efectua o intercambio mediante un sistema rotatorio de turnos (de 13 a 14 horas).

O mercadiño de Troco de Allariz está orientado a nenos e nenas de calquera idade, só tes que achegarte o último domingo de cada mes con algún xoguete ou calquera outra cousa que queiras intercambiar para combinar entre todas e todos un bó momento.

 

Próximas datas do Mercadiño de Troco:

• 25 de Xaneiro 2009

• 22 de Febreiro 2009

• 29 de Marzo 2009

• 26 de Abril 2009

 

Lugar:

Praza de Abastos de Allariz

 

Hora:
de 12.00 a 14.00 horas

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.